RELATORIO

O PAPEL DAS INSTITUCIÓNS NAS ARTES EN VIVO

Xoves 20

18 h | PAZO DA CULTURA

A cultura xoga un papel fundamental no desenvolvemento social: a integración da cidadanía, a ausencia de políticas transversais e a sustentabilidade, entre outros, seguen a ser asuntos pendientes na axenda institucional. A pandemia deixou en evidencia a efectividade das estratexias culturais. Debemos repensar o papel das administracións públicas na esfera sociocultural?

MODERA

Belen Regueira - xoves 20

Belén Regueira

Licenciada en Xornalismo pola USC, boa parte da súa labor profesional está vencellada aos medios públicos galegos. Na TVG presentou o musical Chambo e o faladoiro infantil O país dos ananos. Na Radio Galega dirixiu o programa Extrarradio e o espazo sobre migracións Un país mundial.

PARTICIPAN

Alberto Garcia - xoves 20

Alberto García

Técnico de cultura do Concello de Boiro.

Alberto García é técnico municipal de cultura dende hai 22 anos, no Concello de Boiro, aínda que tamén traballou con outras administracións. Foi presidente da Agpxc (Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural) durante catro anos e actualmente está na comisión de políticas culturais do Consello da Cultura Galega. Tamén é docente no curso de experto universitario en xestión cultural da USC.

Adriana C Tarela - xoves 20

Adriana C. Tarela

Xestora cultural.

Licenciada en Pedagoxía e especializada en Xestión Cultural pola USC. Desde os inicios da súa carreira estivo vinculada ao desenvolvemento de proxectos culturais, despois de realizar o Erasmus para Xóvenes Emprendedores en Edimburgo. Traballa en proxectos culturais para empresas privadas e administracións públicas

XABIER CAMPOS - xoves 20

Xavier Campos

Asesor de Cultura na Deputación da Coruña.

Ten ampla experiencia en distintos ámbitos da administración pública. Comezou como técnico de cultura de Ribadeo, foi xefe de gabinete do IGAEM e asesor cultural da Consellaría de Cultura no goberno bipartito e actualmente é asesor de Cultura da Deputación da Coruña. Impulsor e fundador da Agpxc (Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural) a súa principal interese é a cultura como ferramenta para a construción de comunidade.

Inscricións

Este formulario de participación está pechado.

CABOS SOLTOS - logo branco-256px