OBRADOIRO

OBRADOIRO | ENTENDER (E MELLORAR) A MONETIZACIÓN DIXITAL

Xoves 20

16 h | PAZO DA CULTURA

A comercialización dixital da música é unha das grandes responsables do crecemento do sector musical nos últimos 10 anos. Pero, temos realmente control sobre os ingresos que xera? Coñecemos os conceptos e os importes polos que monetizamos a nosa creación? Neste obradoiro abordaremos os piares básicos da comercialización dixital, as últimas novidades e a tendencia da industria cara a unha maior sustentabilidade no ecosistema dixital.

IMPARTE

Miguel Martorell - xoves 20

Miguel Martorell

Director de Altafonte Spain.

Formado como periodista, desde 2012 dirixe unha das once oficinas que Altafonte Network ten espalladas por todo o mundo. Ao frente dese equipo captan e xestionan talento, asesoran a managers, produtores e artistas, preparan estratexias de marketing e traballan en coordinación con tendas e plataformas para potenciar a música en todos os seus formatos.

Inscricións

Este formulario de participación está pechado.

CABOS SOLTOS - logo branco-256px