RELATORIO

ALERTA! SALAS DE CONCERTOS: EMERXENCIA SOCIOCULTURAL

Xoves 20

12 h | PAZO DA CULTURA

As salas de concertos son esenciais no desenvolvemento dos talentos emerxentes. Ante a falla de solucións reais desde a chegada da pandemia, o tecido cultural de base esmorece. Analizamos prácticas reais de reactivación do sector coa colaboración das administracións públicas e de patrocinadores privados, cos que se está a traballar noutras Comunidades Autónomas, así como posibles solucións que o propio sector propón para reactivar a súa actividade.

MODERA

Maria Nieto - xoves 20

María Nieto

Xerente de Clubtura (Asociación Galega de Salas de Música).

Xornalista de vocación e profesión, vencellada á comunicación cultural dende os seus comezos, dirixe a axencia e-Me Gestión Integral de Comunicación dende o ano 2012, coa que colaborou con varios proxectos musicais, dende festivais como o Noroeste SON Estrella Galicia, o Nordestazo ou o Atlantic Pride, até ciclos como o Xacobeo 21 nas Salas. Desde 2015 coordina a xerencia da Asociación Galega de Salas de Música ao Vivo -Clubtura-, a asociación que aglutina a meirande parte dos espazos privados de concertos de Galicia.

PARTICIPAN

Carmen Zapata - xoves 20

Carmen Zapata

Xerente de Assac (Asociación de Salas de Concertos de Cataluña).

É xerente de ASACC (Associació de Sales de Concerts de Catalunya) desde 2006. Asume no 2013 a dirección artística de Curtcircuit, un ciclo de concertos anual que ten como protagonistas a escena local e as máis de 80 salas de ASACC en toda Cataluña. A Curtcircuit foille outorgado na súa primeira edición o Premi Ciutat de Barcelona de Música. É presidenta da Asociación MIM (Mujeres en la Industria de la Música) desde a súa fundación.

Marcos Rivas - xoves 20

Marcos Rivas

Xerente e programador da Sala Karma.

Marcos Rivas, leva desde o 2006 liderando un proxecto cultural integral en Pontevedra, entre os que se atopa a programación da Sala Karma por onde pasaron as figuras máis importantes do panorama musical estatal, sen deixar nunca de apostar polo talento local e emerxente. Director do Surfing the Lérez e do Galegote, Rivas é un dos principais impulsores da escena musical en Pontevedra.

Mar Rojo - xoves 20

Mar Rojo

Programadora da Sala El Sol.

Mar Rojo é a actual programadora da sala El Sol de Madrid tras estar durante máis de cinco anos á fronte da dirección artística da Moby Dick Club. Doutora en Comunicación Audiovisual, forma parte da xunta directiva de MIM (Mujeres en la Industria de la Música). Fundadora da promotora de concertos ‘La Estanquera’ asume a dirección de produción do festival Sound Isidro e colabora en outros como o Primavera Sound ou Tomavistas.

Inscricións

Este formulario de participación está pechado.

CABOS SOLTOS - logo branco-256px