RELATORIO

VOLTARÁN OS FESTIVAIS?

Venres 21

18 h | PAZO DA CULTURA

Tras dous anos de cancelacións consecutivas, os festivais de medio e gran formato, seguen a ser unha incógnita no plan de reactivación da industria cultural. Nun panorama incerto, sen datas nin prazos, compre cuestionar se estas fórmulas voltarán a ser posibles, se o modelo de consumo que ofertaban era sustentable para o ecosistema cultural e se, en definitiva, voltarán algún día a ser o que coñecimos antes da pandemia.

MODERA

Teresa Cuinhas - venres 21

Teresa Cuíñas

Xornalista. TVG.

Teresa Cuíñas Lavandeira (Pontevedra, 1976). Licenciada en Filoloxía Hispánica e en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela. Traballou en programas de entretemento en Cadena Noroeste e TVE e informativos de CNN+, Atlas Galicia e Radio Nacional de España. Colaborou co xornal El País na sección de cultura e coa revista musical Rockdelux e creou a web www.rockandcook.es, sobre música e cociña. Desde 2006, é redactora dos Servizos Informativos da Televisión de Galicia na delegación de Vigo. Xunto co crítico musical Pepe Cunha, é comisaria da exposición Cantá-mola en galego (2000-2020), promovida pola Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra.

PARTICIPAN

Ivone Lesan - venres 21

Ivone Lesan

Booker en Primavera Sound.

Ivone comezou no 2006 na industria da música como recepcionista, e evolucionou ata converterse en promotora de artistas internacionales, primeiro en Live Nation España, durante 10 anos. A profesionalización e feminización da industria, son dous dos principais piares sobre os que Ivone basea o seu traballo, por isto é membro fundadora da asociación MIM, da que formou parte da xunta directiva entre 2016 e 2019, e imparte clases sobre industria musical en distintos entornos.

Ivan Arias - venres 21

Iván Arias

Director do WOS festival.

É director e fundador de Work on Sunday, unha axencia creativa especializada en produción cultural que conta cunha dilatada traxectoria e coñecementos específicos no sector. Entre todos os seus proxectos destaca o WOS festival, un evento urbán indoor que ten lugar en varios espazos emblemáticos da cidade de Santiago de Compostela, proposta que atesoura varios premios a nivel internacional.

Angel Pinheiro - venres 21

Ángel Piñeiro

Responsable de Produción de Bring The Noise (Resurrection Fest).

A súa experiencia no ámbito da produción de eventos ven do movemento asociativo, a través da ACDR Praia do Castelo de Muros, entidade cultural organizadora, entre outras actividades, do Castelo Rock. É tamén un dos impulsores dunha iniciativa recente, Músicos do Pobo, que vencella a artistas e música coa localidade de Muros.

Inscricións

Este formulario de participación está pechado.

CABOS SOLTOS - logo branco-256px