RELATORIO

OPORTUNIDADE OU FAKE?: O EMPODERAMENTO DA CULTURA DIXITAL

Venres 21

12 h | PAZO DA CULTURA

O modelo actual da industria musical quedou cuestionado coa chegada da pandemia. A proposta cultural dixital erixiuse como a alternativa salvadora no confinamento, pero o beneficio económico para os axentes da cadea de valor quedou cuestionado. As novas fórmulas de comercialización cultural xeradas, que pretenden asentarse a futuro, plantexan un ecosistema non sostible que convén revisar urxentemente.

MODERA

Tito Lesende - venres 21

Tito Lesende

Xornalista musical.

Tito Lesende exerce o periodismo cultural dende os anos 90. Autor de catro libros de temática musical con difusión en España e América, ao longo da súa carreira tivo seccións propias en publicacións como “Rolling Stone”, “Revista 40”, “Cinemanía” ou “Diario 16”. Leva moitos anos de relación coa Radio Galega, onde actualmente dirixe o programa “Consellería do Ritmo” e colabora co “Diario Cultural”. Tamén traballou escribindo en campañas promocionais de lanzamentos discográficos e cinematográficos.

PARTICIPAN

Josiño Carballo - venres 21

Josiño Carballo

Manager en Ernie Records.

Responsable de Ernie Records (antes Ernie Producciones). Selo discográfico e axencia de representación de artistas fundada no 2004.
Manager de artistas como Novedades Carminha, Niños Mutantes, Ortiga, Julio de la Rosa, etc..

Xaime Miranda - venres 21

Xaime Miranda

Realizador audiovisual.

Licenciado en Comunicación Audiovisual e cun Master en Dirección Cinematográfica por la ESCAC. Ten unha ampla experiencia no mundo do videoclip, onde traballou con numerosas bandas da escena musical galega como Xoel Lopez, Heredeiros da Cruz ou Boyanka Kostova.

Migui Cernadas - venres 21

Migui Cernadas

Terbutalina.

Músico muradán que dende que formou Terbutalina en 2010 non parou de dar concertos por toda a península. Ao frente da banda conseguiu o premio ao Mellor Álbum en Galego de 2014 nos Premios da Música Independente e o premio María Casares 2017 á Mellor Música Orixinal coa súa colaboración coa compañía teatral Chévere na obra Eroski Paraíso.

Inscricións

Este formulario de participación está pechado.

CABOS SOLTOS - logo branco-256px