RELATORIO

A EXPOSICIÓN DO ARTISTA NA ERA DO CONSUMO MASIVO DIXITAL

Mércores 19

18 h | PAZO DA CULTURA

A democratización das redes fomentou a participación voraz das audiencias no proceso creativo dos artistas. Estes enfróntanse a unha masa crítica que demanda produción continua, crea (ou destrúe) referentes e interactúa constantemente contextualizando a súa experiencia, converténdose, ás veces, en influentes e sustituindo en ocasións a función prescriptora da prensa convencional, incluso a pesares dos seus esforzos de adaptación ao mundo dixital. Como plantexan os artistas a súa relación coa contorna? Cal e o formato de relación coa comunidade? É precisa realmente a prensa agora que os artistas e os fans poden comunicarse directamente?

MODERA

Santi Montes - mercores 19

Santi Montes

Xornalista. CulturaGalega.gal

Santi Montes (Santiago, 1969) Licenciado en Ciencias da Comunicación pola USC. Xornalista na web CulturaGalega.gal, do Consello da Cultura Galega, desde o ano 2000 e onde desenvolveu primeiramente tarefas de deseño e produción a cargo das áreas de música e literatura para pasar despois e ata a actulidade a exercer a redacción, especializándose nas industrias culturais e nas áreas de artes escénicas, música e audiovisual.

PARTICIPAN

Sabela Maneiro - mercores 19

Sabela Maneiro

Tanxugueiras

Sabela Maneiro Argibay (Teo, 1990) é unha das tres integrantes de Tanxugueiras, grupo que aposta pola fusión da música tradicional con sonoridades contemporáneas. Desde moi nova participa en agrupacións folclóricas vinculadas ao baile e ao canto do país, como é a AC A Mámoa de Luou, en Teo. Logo da súa formación e desenvolvemento como auxiliar de enfermería e técnica de emerxencias sanitarias, Sabela afonda no seu estreito vínculo coas músicas de raíz. No 2016, forma, xunto a Olaia Maneiro e Aida Tarrío, o trío de cantareiras e pandeireteiras que incrementa as revolucións da tradición en Galicia

Chico do Funk - mercores 19

Chicho do Funk

Ortiga

Manuel González, coñecido como Chicho, e artísticamente como Ortiga, é un músico sen ningún tipo de prexuicios que disfruta da música facendo bailar a todos os presentes nos seus directos. Está presentando o seu segundo traballo, “Sabes el camino que elegí”, tras o éxito cosechado co anterior disco que o levou a estar presentes en tódolos eventos alegres e festeiros, dentro e fora da nosa fronteira.

Berto Mira - mercores 19

Alberto Mira

Verto

Alberto Mira, xunto con Fernando Peleteiro forman o dúo de pop electrónico, Verto. Teñen influencias do “trap” e do R&B contemporáneo, pero miran con ansia cara a música dos 80.
Veñen de estrear o LP “Embora”, no cal fan gala da súa capacidade para crear himnos para toda unha xeración de rapaces representada en milleiros de escoitas en Spotify.

Inscricións

Este formulario de participación está pechado.

CABOS SOLTOS - logo branco-256px