RELATORIO

PONTEVEDRA: O EPICENTRO DA CULTURA A TRAVÉS DOS SEUS CONTINENTES

Mércores 19

12 h | PAZO DA CULTURA

Debatimos en profundidade e analizamos a situación da escena creativa e cultural en Pontevedra a través da visión dos xestores dalgúns dos continentes que albergan as manifestacións artísticas da cidade.

MODERA

Belén López - moderadora mercores 19

Belén López

Xornalista. Diario de Pontevedra

Licenciada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela no 2000. Ese mesmo ano comezou a traballar no Diario de Pontevedra, onde leva exercendo como redactora de cultura e sociedade desde entón.

Actualmente forma parte da Xunta de Goberno do Colexio de Xornalistas de Galicia.

PARTICIPAN

Moises Digon - mercores 19

Moisés Digón

O Diaño

Comezou a finais dos anos 90 na hostelería con locais míticos como La Mecánica e Camawey.

Desde o 2013, rexenta O Diaño, onde veñen realizando diferentes actividades culturais, como exposicións, recitáis de poesía, teatro, proxeccións, foliadas ou concertos.

Marta Gonzalez - mercores 19

Marta González

A Gramola

Marta dirixe La gramola e Pintxoviño co obxectivo principal de crear espazos para maridar gastronomía e cultura en todas as súas expresións, tratando de achegar a todos os públicos a música e a cultura nos seus locais ou a pe de rúa.

Malu Pedrosa - mercores 19

Malú Pedrosa

O Pavero

O Pavero nace no 2017 co obxectivo de ser un espazo de expresión artística, convivencia e desfrute. Inspiradas por formatos de locais europeos creamos o noso no que podes atopar dende concertos, ata expos, presentacións de libros e mesmo degustacións de comida vegana. Un lugar nun marco incomparable no que hai cabida para todas e todos.

Inscricións

Este formulario de participación está pechado.

CABOS SOLTOS - logo branco-256px